Ir al contenido principal

Wikileaks gaña o VII Premio José Couso de Liberdade de Prensa

A rede Wikileaks é a gañadora do VII Premio José Couso de Liberdade de Prensa organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e Novacaixagalicia.

A organización internacional sen ánimo de lucro WikiLeaks, foi creada en 2006 polo australiano Julian Assange, e ten por obxectivo proporcionarlles aos cidadáns noticias e informacións importantes que consegue grazas a filtracións ás que ofrece total anonimato e que publica a través do seu sitio web.

En outubro de 2010 fixo públicos os Documentos da Guerra de Iraq, pero é en novembro do mesmo ano cando se produce a maior filtración de documentos secretos da hisoria. Trátase dunha colección de 251.187 cables ou comunicacións entre o Departamento de Estado estadounidense coas súas embaixadas por todo o mundo (United States diplomatic cables leak, Cablegate ou Secret US Embassy Cables) que WikiLeaks proporcionou aos diarios The Guardian, The New York Times, Le Monde, El País e ao semanario Der Spiegel. Dende ese momento producese un bloqueo á web de Assange.

O fallo deuse a coñecer esta mañá na Galería Sargadelos de Ferrol nunha rolda de prensa na que se anunciou tamén que os actos de entrega terán lugar o vindeiro 5 de maio no Teatro Jofre.

O acto comezou coa intervención do presidente do Club de Prensa de Ferrol, Xan Morales Somoza, que sinalou que a data para realizar o fallo do premio escolleuse por se facer hoxe oito anos do asasinato de José Couso. Nun día coma hoxe, Morales sinala, que aínda non se condenaron aos culpables a pesar dos esforzos da familia. Antes de dar paso á lectura da acta do fallo do premio, o presidente do Club de Prensa emprazou aos presentes para o 5 maio, data na que se celebrarán os actos de entrega do certame.

Darío Janeiro, cono Secretario do Premio, comezou a súa intervención lembrando que hoxe se cumpren oito anos do asasinato de José Couso e o do seu compañeiro, Taras Protsyuk. “A organización quere volver a respaldar, públicamente, a impresionante loita que está realizando a familia de Couso para esclarecer este crime”, sinalou.

Janeiro deu lectura da acta, asinada polo señor notario D. Héctor Pardo García do Ilustre Colexio Notarial de Galicia, co número 1.170. Abertos e recontados os votos, este levantou acta do resultado entre os catro candidatos que optaban ó galardón, resultando gañador do premio a organización WikiLeaks. Como cada ano, o gañador foi elixido en votación aberta e secreta polos colexiados/as do CPXG e polos asociados/as do Club de Prensa.

O Secretario do Premio fixo unha mención especial ás cinco candidaturas deste ano, que, como sinalou, “fan que nos sintamos especialmente orgullosos do premio”. “Cesar Hildebrand, o xornal La Repubblica, Rosa María Molló, Ana Pastor e a organización WikiLeaks, a todos eles, e aos que cada día realizan o seu traballo en condicións de risco dende o anonimato, queremos renderlles unha vez máis a homenaxe que merecen por ser os que cada día defenden, en grandes e pequenos xestos, a liberdade de prensa”. “Esta homenaxe, continuou, “é tamén extensible a aqueles xornalistas que seguen a desenvolver o seu traballo nunha situación de crise económica global, de fonda crise no sector dos medios de comunicación, nunha situación de degradación continúa das condicións laborais”.

A continuación, o director territorial de Novacaixagalicia en Ferrol, Angel Martínez Moar, quen quixo reafirmar o compromiso da entidade co Premio José Couso, un certame que apoiaron dende o seu nacemento. Salientou o traballo que realiza o Colexio Profesional de Xornalistas para dignificar unha profesión cada vez máis castigada. Moar sinalou que a colaboración entre as dúas entidades non se queda só neste certame, xa que fai uns días presentouse a segunda edición do Premio A Imaxe de Galicia co que se busca recoñecer o traballo dos fotoxornalistas galegos. Rematou facendo mención aos diferentes proxectos que a Novacaixagalicia ten nun marcado compromiso co xornalismo, coma o Xulio Camba ou o Francisco Fernandez do Riego.

O acto rematou coa intevención do decano do CPXG Xosé Manuel Pereiro que quixo reiterar o agradecemento a Novacaixagalicia polo seu apoio ao Premio José Couso. Sinalou que WikiLeaks é unha revalorización do que é o xornalismo que é o xornalismo de investigación. “Agora mesmo chámase xornalismo de investigación a aquela información que fai alguen contra alguén, cando a realidade é contar algo de alguén que non quere que se conte, isto é a esencia do xornalismo, e é o que fixo WikiLeaks”.

Con WikiLeaks xa son sete os galardoados co Premio das Ás ceives. Ademais da organización de Julian Assange, os outros gañadores do Couso foron: Ali Lmrabet (2005), Le monde Diplomatique (2006), Jon Lee Anderson (2007), José Vidal – Beneyto (2008), Rosa María Calaf (2009), Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010).


Via | Xornal

Comentarios

Entradas populares de este blog

Registered2 se complace en anunciar el lanzamiento de su nueva página web - Registered2 se complace en anunciar el lanzamiento de su nueva página web

- John Martin - Registered2 -: 11/14/2013 Registered2.com ofrece; • El sitio de la red social para empresas • mercado libre para compradores, vendedores, fabricantes y exportadores • La red social de las personas • anuncios gratuitos de empresas y puestos de trabajo • Portal de empleo gratuito. Envíe su currículum de forma gratuita • herramientas de búsqueda fáciles de usar para encontrar compradores para sus productos • Mayor ranking en los agentes de búsqueda • Ampliación de las redes de la empresa para llegar a los clientes y compradores en todo el mundo • comercialización libre para mostrar tus productos a millones de clientes potenciales en todo el mundo Registered2 es el portal de negocios más grande y único lugar en el mercado de los fabricantes, exportadores y proveedores.Cualquier empresa puede ampliar su red y ayudar a crecer a medida que invitan a otras empresas en su red. Al compartir información, relaciones fiables y seguras pueden desarrollar entre todo tipo de organizaci...

Engaño - Julia Gillard dice a musulmanes para adaptar o Agregar

Hoax - Julia Gillard dice a los musulmanes que se adapten o LeaveOutline Reclamaciones mensaje ampliamente difundido de que recientemente el Primer Ministro de Australia, Julia Gillard afirmó que los inmigrantes deben adaptarse a la cultura australiana, idioma y creencias o salir del país y que los musulmanes que quieren vivir bajo la ley islámica deben salir de Australia Breve análisis Julia Gillard no hizo tales comentarios. El mensaje no es más que una versión renovada de las bromas más antiguas que nombran anteriores primeros ministros australiano John Howard y Kevin Rudd. Los supuestos comentarios sobre inmigración atribuyen a Gillard en esta versión fueron dirigidas originalmente a un público americano y fueron escritas por Barry Loudermilk, un veterano de la Fuerza Aérea de los EE.UU. y columnista de un periódico local en el estado norteamericano de Georgia. Ingrese su dirección de correo electrónico para suscribirse a la Newsletter Hoax-Slayer: Despláce...

Petróleo termina en alza en Nueva York, apoyado por la debilidad del dólar

En la Bolsa Mercantil de Nueva York terminó con un barril de West Texas intermedio para la entrega de junio $112.29 Los precios del petróleo aumentaron el jueves en Nueva York, por el debilitamiento del dólar y las tensiones en el Medio Oriente, antes de un largo fin de semana a mantener. En el New York mercantil Exchange (NYMEX), el barril de West Texas intermedio (llamado el "dulce crudo liviano" en los Estados Unidos negociado) para la entrega de junio terminado en $ 112,29, pasando de 84 centavos el miércoles. "El mercado siempre es sensible al precio del dólar," recordó Phil Flynn, mejor investigación Abocado. La debilidad de la moneda U.S. hace más atractivo para las materias primas en dólares para los inversores con otras monedas enumerados. "El tema dominante de la semana para el mercado de la energía fue realmente los riesgos que pesan sobre el dólar". "Es el estándar y pobres de advertencia sobre el déficit presupuestario o por la ...